Tag Archives: Modelos

Calendario 2021. As mulleres que fixeron a astrofísica nuclear

Estándar

Para honrar a las mujeres que han influido en el desarrollo de la Astrofísica Nuclear.
Para alentar a las jóvenes académicas a elegir la Astrofísica Nuclear como su trayectoria profesional y presentarles buenos modelos a seguir durante el proceso.
Para educar a la comunidad científica y al público en general sobre el importante papel que han desempeñado y siguen desempeñando las mujeres en el desarrollo de la Astrofísica Nuclear“.

As doce científicas homenaxeadas neste calendario son:

  • Xaneiro: Marie Skłodowska Curie.
  • Febreiro: Lise Meitner.
  • Marzo: Ştefania Mărăcineanu.
  • Abril: Cecilia Payne-Gaposchkin.
  • Maio: Maria Goeppert Mayer.
  • Xuño: Toshiko Yuasa.
  • Xullo: GeorgeAnn Robertson Caughlan.
  • Agosto: Edith Alice Müller.
  • Setembro: Margaret Burbidge.
  • Outubro: Erika Böhm-Vitense.
  • Novembro: Dilhan Eryurt.
  • Decembro: Beatrice Tinsley.

Podedes descargar este calendario aquí mesmo

E se queredes darlle un toque plurilíngüe ás vosa aulas, podedes consultar en inglés o cartaz coas semblanzas das doce científicas e realizar co alumnado un cuestionario tamén en inglés sobre elas. Só tedes que descargar estes documentos a continuación.

Día Internacional da Música

Estándar

O 21 de xuño é o día internacional da música.

Un día fabuloso para lembrar a moitas mulleres que achegaron á música o seu talento e que estiveron invisibilizadas:

Hildegarda de Bingen

Compuxo 78 obras: 43 antífonas, 18 responsorios, 4 himnos ou 7 secuencias entre outras pezas

Barbara Strozzi

Gran compositora do Barroco. Escribiu arias, cantatas dramáticas, madrigais e dúos. Publicou oito volumes de obras.

Fanny Mendelsohn

Fanny escribiu máis de 460 pezas de música, a maioría para piano. Inda que o seu home a apoiaba case non publicou, o seu pai e o seu irmán crían que unha muller non debía publicar música.

Lily Boulanger

A súa paixón foi a composición, pero tocaba varios instrumentos como o violín, a harpa eo órgano. 

Florence Beatrice Price 

Foi a 1ª compositora afroamericana en ser recoñecida como compositora sinfónica e a primeira en ter unha peza interpretada por unha orquestra. Escribíu catro sinfonías.

Mirga Grazinyte-Tyla

É unha das directoras de orquestra máis novas e con máis talento do mundo. É a  directora da orquesta da prestixiosa compañía austríaca do Salzburger Landestheater e tamén dirixe a Orquestra Sinfónica da Cidade de Birminham.  

Inma Shara

Inma Shara é o nome artístico de Inmaculada Concepción Lucía Saratxaga, directora de orquestra española procedente de Amurrio, Álava. En 2008  converteuse na 1ª muller en dirixir un concerto no Vaticano, durante a celebración do 60º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

 

8 de xuño: día dos océanos

Estándar

Un día para lembrar a varias pioneiras no estudo do océano.

Jeanne Baret (1ª muller que deu a volta ao mundo)

Jeanne Villepreux (inventou os acuarios para investigar a fauna mariña)

Maude Jane Delap (bióloga que estudou medusas e cautividade)

Jimena Quirós (primeira oceanógrafa española)

Anita Conti (estudou os impactos da pesca industrial)

Mary Sears (comandante que dirixiu unha unidade de mariña)

Ángeles Alvariño (oceanógrafa galega)

Marie Tharp (cartografiou o fondo dos océanos)

Eugenie Clark (e o estudo das quenllas)

Sylvia Earle (activista en defensa dos océanos)

Eva Crane e o día mundial das abellas

Estándar

O 20 de maio é o día mundial da abellas para crear conciencia sobre a importancia dos insectos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución á sostibilidade.

Nese día non podemos esquecer a Eva Crane. Unha física nuclear que cambiou o seu interese científico ao recibir como agasallo de vodas unha colmea. Converteuse na maior eminencia mundial en apicultura.

Viaxou para investigar a diferentes países, foi unha gran divulgadora que ensinou principios de apicultura a gobernos, ONGs, apicultoras e apicultores ao longo de todo o planeta.

Realizou estudos sobre o comportamento das abellas e a síntese do mel ademais de estudos no ámbito da historia e a arqueoloxía da apicultura.  Recolleu, fotografou e catalogou máis de 2000 obxectos e útiles de apicultura recollidos por todo o planeta

 

 

Día Internacional da muller matemática

Estándar

O 12 de maio é o día da muller matemática.

Presentamos dous escape room virtuais destinados ao público infantil e xuvenil. Foron patrocinados polo “Departamento de Matemáticas” e polo “Grado en Matemática Computacional de la Escuela Superior de Tecnología y Ciencias Experimentales” da Universidade Jaume I de Castellón.  

Premendo pode gozarse de

El rescate de la maga Omega”, especialmente indicado para primaria

e “El pasillo del olvido recordado”, adaptado a secundaria.