Tag Archives: Muller e ciencia

11 de Febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Estándar

Os estados membros da ONU propuxeron que o 11F fora declarado o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia en recoñecemento ao papel clave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e na tecnoloxía.

A Asemblea Xeneral aprobou esta resolución o 22 de decembro do 2015. 

A 8ª Asemblea deste Día terá lugar do 8 ao 10 de febreiro de 2023 na Sede das Nacións Unidas, en Nova Iorke.

Pódese participar en diálogos e debates con mulleres expertas, mozas e profesionais para situar a ciencia, a tecnoloxía e a innovación no centro dos programas de desenvolvemento sostible, rexistrándose nesta ligazón, Día Internacional.

Este ano 2023 céntrase no papel das mulleres, as nenas e a ciencia en relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), co lema “Innovar. Demostrar. Elevar. Avanzar. Soster (IDEAS)”

Ademais, por primeira vez incluirá un obradoiro de ciencia para nenas cegas, en Braille, “Facer a ciencia accesible“.

Outros días internacionais vencellados ás nenas son o Día Internacional das Nenas nas TIC (22 de abril) e o Día Internacional da Nena  (11 de outubro).

En España existe a iniciativa 11deFebrero, unha iniciativa cidadá cuxo obxectivo é promover a organización de actividades para conmemorar o 11 de febreiro, promocionándoas e difundídoas na súa páxina web.

Na web Día Internacional, no blog Espacio Violeta e neste mesmo blogue pódense atopar máis ideas para conmemorar este día co alumnado.

Ellas hicieron Historia

Estándar

Un material moi atractivo e interesante para achegar a nenas e nenos o nome e unha imaxe de mulleres vencelladas ao mundo da ciencia e da innovación, entre elas: Hypatia, Sophie Germain, Ada Byron, Hedy Lamarr e Margarita Salas.

Son fichas para colorear editadas por Unidad de Igualdad de la Secretaría General Técnica del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Podedes descargar aquí esta publicación Ellas hicieron Historia

Modelos de científicas no deporte

Estándar

A historia está chea de referentes científicas femininas moi importantes, mais tamén as temos actuais.

Nas recentes olimpiadas atopamos modelos que serven de referentes ás nenas e aos nenos.

Podemos traballar co alumnado o artigo de BBC News que aparece no seguinte enlace.

Charlotte Hym en acción en Tokyo 2020
Nadine Aptez

Mulleres Inventoras

Estándar
@Pablofiftin

En conmemoración do 11 de febreiro “Día Internacional da muller e da nena na ciencia”, @Pablofiftin publicou este vídeo “Especial #11F: Mujeres inventoras“, en 2018, para chamar a atención sobre unha serie de inventos que foron ideados por mulleres… e non o sabíamos!!!

Así a batidora, as neveiras con estantes e o cubo de pedal, a lavavaixelas, o paraugas, os vidros antirreflexos, os limpaparabrisas, a xiringa e o medicamento dioaminopurina, que xurdiron das mentes de Lillian Moller Gilbreth (1878-1972), Josephine Cochrane (1839-1913), Beulah Louise Henry (1887-1973), Katharine Burr Blodgett (1898-1979), Mary Anderson (1886-1953), Letitia Mumford Geer (1852-1935) e Gertrude Belle Ellion (1918-1999), respectivamente.

Isabel Zendal. A viaxe máis épica da historia da humanidade

Estándar

Nun pequeno vídeo de algo máis de 4 m se nos conta un increible episodio dentro da Historia da Medicina, protagonizado por esta enfermeira galega afouta, directora do Orfanato da Caridade na Coruña, que participou na “Real expedición filantrópica de la vacuna”, dirixida polo doctor Francisco Javier Balmis. Isabel Zendal foi considerada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

Vídeo sobre esta espectacular expedición para levar a vacina da viruela aos territorios de ultramar do imperio español naquela época.

Enlace ao vídeo https://www.youtube.com/watch?v=_WVkL7HhjAc

Elas fixeron Historia

Estándar

A Unidade de Igualdade pertencente ao Gabinete Técnico de la Subsecretaría del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades publicou esta presentación con breves biografías de Investigadoras, Innovadoras e Académicas coas ilustracións de María S Ozamiz.

Máis de 15 historias como a de Hipatía, Ada Lovelace, Beatriz Galindo, Jeanne Baret e Margarita Salas, entre outras.

Ver e descargar a presentación nestas ligazóns Investigadoras e Innovadoras, respectivamente.

Galicianas científicas

Estándar

Un proxecto do Club de Ciencia do IES Laxeiro de Lalín, creado no curso 2018-2019 con Marina Pardal Varela como Coordinadora para promocionar iniciativas STEM ( Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñerías e Matemáticas).

O pasado curso 2019-2020 foi tamén un curso moi activo no Club de Ciencia, pois con motivo de celebrar o 150 aniversario da Táboa periódica, elaboraron baixo a coordinación da profesora de Física e Química Marta Elena Aguirre Fernández unha interesantísima Táboa periódica en 3D co alumnado de 2º ESO, exposta o 4 de novembro para celebrar o Día da Ciencia en Galego.

Podedes acceder ao Club de Ciencia neste enlace https://padlet.com/melenaaguirref/8qllh8fus2qu1z76

Esta mesma actividade da Táboa periódica levou a outra proposta relacionada coas Mulleres e a Ciencia, que estaba enmarcada dentro do programa “Proxecta” da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Baixo o nome de “Donas de si” o alumnado pescudou acerca de mulleres debruzadas na investigación científica e atoparon unha morea delas, pero o máis salientable e que se centraron en mulleres galegas. Atoparon 40 mulleres que mereceron un recoñecemento polo seus traballos e que non deben ser esquecidas. Son as Galicianas científicas.

Podedes acceder ás Galicianas científicas neste enlace https://padlet.com/melenaaguirref/oixi9w6zeydb5r49

É un orgullo poder difundir traballos coma este realizados por profesorado e alumnado dun centro público galego.

O noso agradecemento ás profesoras Concepción Villar Moure, coordinadora actual do Club de Ciencia e a Gracia Sanctorum, profesora de Galego e das materias de Igualdade, e membro tamén do Club de Ciencia.

Guía de recursos para mulleres tecnolóxicas

Estándar

Esta guía pretende ser un recurso para favorecer que as mulleres xoves se acheguen ao mundo dixital e pouco a pouco diminuir a brecha dixital de xénero existente e as consecuencias que trae de seu. Para iso a Federación de Mujeres Jóvenes, quere contribuir á necesidade de garantir a igualdade de oportunidades e de xénero na sociedade da información para mulleres xoves e facilitar o seu achegamento ás novas tecnoloxías da comunicación e da información.

E ao mesmo tempo, como un modo de facilitar o acceso á formación, ao emprego e, en xeral, aos recursos que multipliquen exponencialmente as posibilidades de desenvolvemento personal das mulleres.

Editada en decembro de 2018, está de total actualidade nos recursos, enlaces e información que nos achega.

«Solo el 17,2% de Los empleos en el sector las tecnologías de la información en la Unión Europea los ocupan mujeres»

«Las mujeres solo representan el 18 % de las profesionales del sector tecnológico y únicamente el 5 % de las start-ups de base tecnológica están lideradas por mujeres».

Edición a cargo de Marta Macho, profesora do Departamento de Matemáticas da Facultade de Ciencia s e Tecnoloxía da Universidade do País Basco.

Podedes descargar esta guía aquí mesmo.

11 F Celebra a ciencia con conciencia de xénero

Estándar

Achegamos unha fermosa e interesante presentación, realizada polas profesoras Sonia Casal e Tareixa Casal, con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A través de varios vídeos, imaxes e carteis, moi acaídos para facer unha exposición nos nosos centros, podemos reflexionar xunto co noso alumnado e realizar algunhas das actividades propostas.

A continuación tedes os carteis de 14 mulleres senlleiras polos seus traballos no mundo das ciencias.

Para ver e descargar o pdf dos carteis preme nesta ligazón e aquí, respectivamente.

Estas imaxes das 14 mulleres científicas forman parte da presentación que vos ofrecemos a continuación.

A presentación está en genial.ly, en formato editable para que poidades facer adaptacións.

” O mundo non pode permitir perder a metade do seu potencial”.

Preme aquí para entrar na presentación Genialy

Xogo sobre Mulleres Científicas

Estándar

Aprender coeducación xogando. Esta é unha nova proposta elaborada por Alba Sousa, docente galega, para achegarnos a algunhas desas mulleres sabias que nos precederon.

“As mulleres científicas e tecnólogas son invisibilizadas pola sociedade incluindo o material educativo e a prensa.

A falta de referentes, fai que as nenas non teñan modelos nos que reflectirse”.

Podes descargar este xogo no seguinte enlace: Xogo