
Estas tres científicas: Chen Wei, Sarah Gilbert e Kizzmekia Corbett dirixen sendos proxectos a para lograr a vacina contra o coronavirus.
Sabes de que países son? Coñeces os seus proxectos? Investiga algún dato das súas biografías.
Estas tres científicas: Chen Wei, Sarah Gilbert e Kizzmekia Corbett dirixen sendos proxectos a para lograr a vacina contra o coronavirus.
Sabes de que países son? Coñeces os seus proxectos? Investiga algún dato das súas biografías.
Coñécese como “efecto Matilda” á situación na que un varón se atribúe o mérito propio dunha muller que é compañeira súa. O silenzo sobre as mulleres na ciencia. Sen referentes femininos as nenas cren que a ciencia é “cousa de homes” erroneamente.
Debe o seu nome a Matilda Joslyn Gage, unha activista norteamericana do século XIX que loitou polo sufraxio feminino, e que foi a primeira en denunciar que ás mulleres investigadoras se lles negaban as súas aportacións, sendo atribuídas aos seus compañeiros de traballo ou aos seus maridos.
A campaña de AMIT #NoMoreMatildas é una idea de Gettingbetter, unha axencia creativa de Alicante. Ten como obxectivo aumentar a presenza de mulleres científicas olvidadas nos textos escolares e fomentar así as aspiracións profesionais das nenas.
“Para honrar a las mujeres que han influido en el desarrollo de la Astrofísica Nuclear.
Para alentar a las jóvenes académicas a elegir la Astrofísica Nuclear como su trayectoria profesional y presentarles buenos modelos a seguir durante el proceso.
Para educar a la comunidad científica y al público en general sobre el importante papel que han desempeñado y siguen desempeñando las mujeres en el desarrollo de la Astrofísica Nuclear“.
As doce científicas homenaxeadas neste calendario son:
Podedes descargar este calendario aquí mesmo
E se queredes darlle un toque plurilíngüe ás vosa aulas, podedes consultar en inglés o cartaz coas semblanzas das doce científicas e realizar co alumnado un cuestionario tamén en inglés sobre elas. Só tedes que descargar estes documentos a continuación.
A Deputación de Pontevedra, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, o Campus do Mar e o Museo Massó, desenvolveron o proxecto “Sustentabilidade en feminino”, que busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares.
Este proxecto, pensado para as etapas de infantil, primaria e secundaria, ofrece en aberto os paneis da exposición para o seu traballo en aula. Pódense consulta aquí os materiais da exposición. E esta é a Ligazón á páxina oficial do proxecto.
No apartado de Recursos educativos atópase o material “O mar das mulleres. Océanos sustentables con perspectiva de xénero” que consiste en realizar xunto a Emma, unha rapaza moi curiosa, un percorrido polo destacado papel que as mulleres veñen xogando desde sempre na conservación dos océanos e na explotación sustentable dos recursos mariños.
Emma coñece o mar das mulleres mediante seis infografías e as súas correspondentes propostas didácticas:
Se tes interese pola sustentabilidade en feminino tamén podes ler o artigo EL PAPEL DE LA MUJER EN EL DESARROLLO SOSTENIBLE
, no seguinte enlace: https://www.genethico.com/el-papel-de-la-mujer/
Unha cantidade enorme de actividades, xogos e suxestións para todas as idades cun denominador común, o de facer visibles ás mulleres a través do ensino.
As autoras deste proxecto, un grupo de mestras andaluzas, definen e explican así o seu contido:
ℙℝ𝕆𝕐𝔼ℂ𝕋𝕆 “𝔼𝕃𝕃𝔸𝕊” 𝕊𝕀𝔼𝕄ℙℝ𝔼 𝔽𝕌𝕀𝕄𝕆𝕊 𝕀ℕ𝕍𝔼ℕℂ𝕀𝔹𝕃𝔼𝕊 Ha llegado el día! Ya tenéis disponible el cuaderno colaborativo “𝔼𝕃𝕃𝔸𝕊”.Este documento está realizado con mucho amor y cariño
gracias a 39 cuentas maravillosas que han colaborado para crear propuestas maravillosas sobre las mujeres, Igualdad, empoderamiento, mujeres en la historia, eliminación de la violencia a la mujer…. #25N, #8M y siempre
¿PARA QUÉ ETAPA EDUCATIVA VA DIRIGIDO EL PROYECTO 𝔼𝕃𝕃𝔸𝕊? Está diseñado para el ciclo de Infantil, Primaria, Secundaria, Ciclos formativos, docentes y familias..¿QUÉ CONTIENE?
Actividades, dinámicas y juegos.
Juegos online, recursos digitales y app.
Creatividad, taller y manualidades.
Libros y cuentos relevantes.
Citas, reflexiones, ideas y reivindicaciones.
Plan de igualdad y actuaciones escolares.
Sobre ellas ¿Conoces a…?
Para acceder a estes recursos podes descargalos a continuación.
Son moitas as mulleres que ao longo dos tempos destacaron polo seu saber científico.
Aquí tes “La tabla periódica de las científicas” onde poderás atopar unha boa morea delas e premendo enriba do seu nome poderás saber en que se especializaron e que achados aportaron á humanidade.
Varias foron as mulleres queinvestigaron sobre o Universo.
Respecto dos cometas podemos mencionar a
Respecto do cometa Neowise que tanto está dando que falar estes días, Emily Kramer (especialista en po cometario) forma parte do equipo de investigación que o descubriu.
Un día para lembrar a varias pioneiras no estudo do océano.
Jeanne Baret (1ª muller que deu a volta ao mundo)
Jeanne Villepreux (inventou os acuarios para investigar a fauna mariña)
Maude Jane Delap (bióloga que estudou medusas e cautividade)
Jimena Quirós (primeira oceanógrafa española)
Anita Conti (estudou os impactos da pesca industrial)
Mary Sears (comandante que dirixiu unha unidade de mariña)
Ángeles Alvariño (oceanógrafa galega)
Marie Tharp (cartografiou o fondo dos océanos)
Eugenie Clark (e o estudo das quenllas)
Sylvia Earle (activista en defensa dos océanos)
O vindeiro 5 de xuño é o día do MEDIOAMBIENTE.
As mulleres, dende tempos prehistóricos, tiveron unha relación de sostibilidade e conservación da natureza.
As mulleres interactúan cos recursos naturais diariamente (busca de alimentos, uso da auga, coidado do gando, recolleita de leña, manexo da agricultura,…) e senten os problemas que o cambio climático xera.
A desigualdade de xénero non permite recoñecer todo o que as mulleres poden achegar á supervivencia do planeta. Inda hai acceso desigual á terra, á auga e outros recursos e as mulleres son minoría nas decisións referidas á planificación e xestión da natureza.
A pesar disto, hai mulleres que loitan polo medio ambiente. Nestes días pode ser interesante co alumnado tentar descubrilas e visibilizalas. Algúns deses nomes son:
Berta Cáceres
Jane Goodall
Lois Gibbs
Maria Silbylla Merian
Rachel Carson
Sheila Watt-Cloutier
Sunita Narain
Vandana Shiva
Wangari Maathai
Pero hai moitas máis…
A ONU adoptou unha resolución para o período 2021 a 2030, será a Década para a Restauración dos Ecosistemas.
O 20 de maio é o día mundial da abellas para crear conciencia sobre a importancia dos insectos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución á sostibilidade.
Nese día non podemos esquecer a Eva Crane. Unha física nuclear que cambiou o seu interese científico ao recibir como agasallo de vodas unha colmea. Converteuse na maior eminencia mundial en apicultura.
Viaxou para investigar a diferentes países, foi unha gran divulgadora que ensinou principios de apicultura a gobernos, ONGs, apicultoras e apicultores ao longo de todo o planeta.
Realizou estudos sobre o comportamento das abellas e a síntese do mel ademais de estudos no ámbito da historia e a arqueoloxía da apicultura. Recolleu, fotografou e catalogou máis de 2000 obxectos e útiles de apicultura recollidos por todo o planeta