Tag Archives: Música

Creadoras da Historia da Música

Estándar

En 2020 Sakira Ventura Quintana, flautista e musicóloga, elaborou o mapa interactivo “Creadoras de la Historia de la Música“, unha antoloxía cartográfica de compositoras repartidas por todo o mundo e enmarcadas dende o século IX ata o ano 2005.

A súa finalidade é visibilizar ás mulleres creadoras de música e poñer en valor a súa obra.

Entrando nesta ligazón de spotify pódese escoitar a música de máis de 450 cancións ao longo de 24 horas de duración. Consiste nunha recompilación por orde cronolóxica de obras de mulleres creadoras na Historia da Música. Segundo Sakira Ventura, non están todas as que deberían pero espera que algún día o estean.

O mapa interactivo para recuperar ás compositoras ignoradas na historia recompila os perfís e obras, por orde alfabética, de máis de 500 mulleres.”Hai miles que non aparecen nos libros, que non se tocan nos concertos“, expresa a autora desta iniciativa.
O proxecto abarca dende Kassia, compositora nada en Constantinopla en torno ao 810, ata a máis xoven, Alma Deutscher, nada en 2005, compositora, violinista e pianista, pasando por Alicia Morote, compositora, arreglista e orquestadora murciana.

Entre as galegas aporta datos de Pilar Castillo, pianista e compositora de principios do século XX, Eugenia Osterberger, que participou en diversas iniciativas de dignificación da cultura galega, e Sofía Oriana Infante que compuso a música da película “Elisa e Marcela“.

Día Internacional da Música

Estándar

O 21 de xuño é o día internacional da música.

Un día fabuloso para lembrar a moitas mulleres que achegaron á música o seu talento e que estiveron invisibilizadas:

Hildegarda de Bingen

Compuxo 78 obras: 43 antífonas, 18 responsorios, 4 himnos ou 7 secuencias entre outras pezas

Barbara Strozzi

Gran compositora do Barroco. Escribiu arias, cantatas dramáticas, madrigais e dúos. Publicou oito volumes de obras.

Fanny Mendelsohn

Fanny escribiu máis de 460 pezas de música, a maioría para piano. Inda que o seu home a apoiaba case non publicou, o seu pai e o seu irmán crían que unha muller non debía publicar música.

Lily Boulanger

A súa paixón foi a composición, pero tocaba varios instrumentos como o violín, a harpa eo órgano. 

Florence Beatrice Price 

Foi a 1ª compositora afroamericana en ser recoñecida como compositora sinfónica e a primeira en ter unha peza interpretada por unha orquestra. Escribíu catro sinfonías.

Mirga Grazinyte-Tyla

É unha das directoras de orquestra máis novas e con máis talento do mundo. É a  directora da orquesta da prestixiosa compañía austríaca do Salzburger Landestheater e tamén dirixe a Orquestra Sinfónica da Cidade de Birminham.  

Inma Shara

Inma Shara é o nome artístico de Inmaculada Concepción Lucía Saratxaga, directora de orquestra española procedente de Amurrio, Álava. En 2008  converteuse na 1ª muller en dirixir un concerto no Vaticano, durante a celebración do 60º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.