Tag Archives: Presentacións

Presentacións

Xela Arias e as Letras Galegas

Estándar

Este ano 2021, tan especial, a Real Academia Galega RAG decidíu homenaxear a unha escritora tamén moi especial, Xela Arias, no 17de maio Día das Letras Galegas.

Innovadora, rebelde e inconformista. Activista pola paz, gran defensora da lingua galega, ecoloxista e feminista. Xela Arias foi sen dúbida unha muller comprometida coa sociedade de seu tempo;e como nos di Tareixa Casal, Profesora do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e autora desta presentación. Aquí tedes un material sinxelo e atracttivo para achegar a figura de Xela Arias ao noso alumnado

Pódese descargar aquí esta presentación.

E se queredes afondar máis no coñecemento da súa vida e da súa obra, vos recomendamos estos vídeos editados pola Real Academia Galega, nos que en 6 capítulos, e baixo o título de A palabra esgazada, se realiza un bo achegamento a Xela Arias. Premendo no título accededes a eles.

Tamén como agasallo do Consello da Cultura Galega para este Día das Letras Galegas vos achegamos unha interesante publicación desta autora ¡Non te amola!, cun estudo ben feito por Ana Iglesias e cunhas atractivas ilustracións de Bea Gregores.

Podedes descargar aquí esta publicación.

Engadimos a esta escolma de materiais sobre Xela Arias estas ilustracións tan vistosas e xuxerentes de imaxes da escritora con algúns dos seus versos, da man agarimosa e moi creativa de Terteres, que agacha o nome doutra boa compañeira, Mónica Fernández.

Podedes descargar estas ilustracións premendo no nome da autora Terteres

Vos propoñemos tamén a lectura deste poema escrito por Nones Araujo en versos acrósticos e dedicado a Xela Arias.

E para rematar anotamos a continuación o enlace para visionar un vídeo homenaxe á poeta Xela Arias no 60 aniversario do seu nacemento en Sarria. Román Raña, Oriana Méndez, Antonio G Teijeiro, Xina Vega, Marta Dacosta, Silvia Penas, Fran Alonso, Lara do Ar, Iolanda Zúñiga e Marcos de la Fuente len poemas de Xela. María Xosé Queizán lembra unhas pinceladas sobre Xela e recita o poema que lle dedicou. As imaxes son de Xulio Gil, do libro de foto-poemas Tigres coma cabalos. Editado polo Ateneo Atlántico de Vigo.

Vídeo Xela Arias

Concluimos coa música de A banda da loba “con M de muller” que dedica unha canción a un dos poemas do último e rompedor libro de Xela Arias Intempériome.

O ABC das mulleres que fixeron historia

Estándar

Miriam Payá López, unha mestra de Inglés, Ciencias Socias e Educación Plástica deseñou este iBook para contribuir a visibilizar a mulleres significativas ao longo da Historia, como unha das actividades do Plan de Igualdade no seu centro, o Colegio Padre Dehon de Novelda (Alicante).

Nesta presentación fálanos dunha muller en cada unha das letras do abecedario dun xeito moi sinxelo, moi acaído para o alumnado máis pequeno, e acompañada duns fermosos deseños que representan a estas mulleres, realizados por Ramón Besonías dentro do proxecto Dibucedario 2020, que consistía en debuxar cada día do mes de xaneiro a unha muller que fixera historia.

Podemos atopar entre elas á escritora e filósofa española María Zambrano, á doctora en xenética canadiense Irene Uchida, á activista estadounidense polos dereitos civís Rosa Parks, á tenista española Garbiñe Muguruza, á científica estadounidense descubridora dos cromosomas X e Y Nettie Stevens ou á xove ecoloxista sueca Greta Thunberg.

Podedes descargar aquí El ABC de las mujeres que han hecho historia

8 M. Unha reflexión sobre a situación laboral das mulleres

Estándar

“Máis mulleres con estudos ca homes. Máis homes con traballo ca mulleres”

Tedes a continuación varias presentacións elaboradas pola profesora Tareixa Casal do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) para que este 8 M sexa un día de reflexión co noso alumnado e poder afondar na situación laboral das mulleres na actualidade, abordando asuntos como: a fenda salarial, as horas de traballo non remuneradas, a segregación ocupacional, o chamado “teito de cristal”, ata o acoso laboral. Con suxerentes imaxes e unha gran aportación de datos, de seguro que será de bo proveito este traballo nas aulas.

E que mellor que para lembrar este 8 M agasallar ao alumnado cun marcapáxinas con frases feministas ditas por mulleres e homes de moita sona. Esta proposta foi realizada por Sonia Casal, profesora no IES Fontexería (Muros).

Marcapáxinas feministas

Vídeo

Descargar o vídeo: Eu son feminista

Acoso nas cociñas. Información significativa sobre a actual fenda salarial e as súas consecuencias, así como sobre a segregación ocupacional e a nosa escasa presenza en postos de responsabilidade.

Datos e portadas. Abordando o tema da conciliación laboral e familiar.

En que século conduces. A corresponsabilidade nas tarefas domésticas como un piar fundamental para a conciliación.

Homes facendo a merca. Algúns homes fan a compra pero non se responsabilizan das necesidades da casa nin de supervisar outras tarefas como citas médicas, a marcha no cole das crianzas, o coidado de persoas dependentes …

Mulleres estrelas Michelin. Unha boa mostra de mulleres de renome como chef de cociña. 22 mulleres estrelas Michelín e soles da guía Repsol

Coeducación e Plans de Igualdade

Estándar

O día 28 de febreiro o alumnado do Ciclo Superior de Promoción de Igualdade de Xénero do CIFP A Xunqueira de Pontevedra asistíu a unha charla da profesora recentemente xubilada e experta en coeducación Lola Varela, invitada pola profesora dese centro Luisa Fernanda Aris.

IMG-20200306-WA0032
Con esta intervención pretendíase transmitir ás futuras promotoras e aos futuros promotores de Igualdade a importancia da coeducación ou educación en igualdade desde o comezo das etapas educativas e como para facer efectiva esta aprendizaxe é preciso botar man de ferramentas como dotarse dun bo Plan de Igualdade no centro de ensino.

IMG-20200306-WA0039
A elaboración deste Plan de Igualdade trae aparellado un fondo análise do centro e do seu funcionamento, co obxectivo de mudar actitudes e comportamentos machistas así como de evitar estereotipos de xénero e discriminacións.

Para ter a información completa desta intervención podedes ver o power point que resume o tratado ese día, no seguinte enlace:

COEDUCACIÓN E IGUALDADE

 

Charla no CIFP A Xunqueira ao alumnado do Ciclo Formativo de Promoción de Igualdade de Xénero

Estándar

Lola Varela e Elena Antelo

O pasado día 19 de novembro foi invitada a dar unha conferencia no Ciclo superior de FP Promoción de Igualdade de xénero, no CIFP de Pontevedra A Xunqueira, a profesora Lola Varela que acudíu acompañada de Elena Antelo unha muller con explotacións no rural, sobre A muller no rural galego: situacións e perspectivas de mellora, xa que dentro da programación está o módulo de Participación social das mulleres. Con esta intervención pretendíase adaptar esta participación ao medio rural en Galicia.

IMG-20191119-WA0008

Expuseron as condicións de vida no rural e as diferentes formas de participación das mulleres (cooperativas, asociacións, sindicatos agrarios e grupos de desenvolvemento rural), para rematar nunhas conclusións que reflicten as necesidades para o empoderamento da muller no rural galego.

Déixovos aquí a presentación: A muller no rural galego

Un modelo. Ler biografía

Estándar

Amosar ao alumnado modelos pode ser unha acción positiva.
Deixamos un exemplo para alumnado de Infantil e Primaria.
Poderíase propor a lectura, despois dunha breve introdución: coñecedes algunha médica famosa?, e algunha de hai máis de dous mil anos?,…

Atentado contra a saúde e a liberdade das mulleres

Estándar

Vellos costumes de culturas orientais de vendar os pes ás mulleres ou na actualidade a moda de determinado tipo de calzado constitúen un verdadeiro atentado contra a saúde e liberdade das mulleres ao impedirlles ANDAR…, en definitiva moverse.

O papel das mestras na configuración da Literatura Infantil e Xuvenil Galega do século XX

Estándar

Mestras como Aurora Vidal, Edelmira Cacheda ou Dora e Pura Vázquez contribuíron ao fomento e asentamento da Literatura Infantil e Xuvenil Galega e foron a semente para que novas mestras continuasen o seu labor: Helena Villar, Sabela Álvarez ou Fina Casalderrey entre outras.