Tag Archives: Sexualidade

Guía contra a violencia de xénero en menores

Estándar

Un 28% das situacións de violencia que sufren as menores de idade son casos de violencia sexual e un 40% es violencia física. A media de idade das vítimas son 15 anos ou algo menos, os agresores algo maiores que elas entre 16/18 anos adoitan ser os seus noivos ou ex-noivos.

A Fundación ANAR editou unha boa e moi útil guía para intervir con menores de idade vítimas da Violencia de Xénero, dirixida a familias, profesorado e persoas que traten a miúdo con crianzas e mocidade.

A Fundación ANAR é unha organización sen ánimo de lucro que axuda a nenos/as e adolescentes, desde 1970, e que se dedica á promoción e defensa dos dereitos dos nenos/as e adolescentes en situación de risco e desamparo, mediante o desenvolvemento de proxectos tanto en España como en Latinoamérica, no marco da “Convención de los Derechos del Niño de Naciones Unidas”. 

Podedes descargar aquí esta Guía de Anar

Eros: Materiais para pensar o amor. Un manual para a educación afectivo-sexual

Estándar

Desde o ano 1994 en que se publicou por primeira vez este libro, agora esgotado, foi un verdadeiro manual nas mans de todxs xs docentes que nos aventurábamos na formación dxs adolescentes nesta materia da sexualidade. Un libro de referencia imprescindible en todas as bibliotecas e Departamentos de Orientación dos centros educativos.

A súa autora, a catedrática de Filosofía Mercedes Oliveira “Chis”, escribíu este libro para a asignatura de Ética en 4º da ESO, pero pode ser empregado noutos cursos e desde outras materias e mesmo a Titoría. Os temas tratados son: Sexo-Xénero. A Sexualidade. A Elección sexual. Violencia sexual. Os Afectos. O Amor. Sexo e mercadoría. En todos os apartados presenta diferentes propostas de actividades moi axeitadas para o alumnado.

Como xa está esgotado, poñémolo á vosa disposición neste blog, unha vez escaneado o exemplar da Biblioteca do IES A Xunqueira I de Pontevedra, para que siga a ser unha boa ferramenta no camiño dunha educación sexual pracenteira e igualitaria.

O interese despertado por esta publicación fixo que que outra profesora e escritora feminista como Mª Xosé Queizán escribira daquela un comentario moi positivo e moi acertado na Gúía cultural de Vigo Urbans, que podedes ler a continuación.

Pódedes descargar o libro Eros: Materiais para pensar o amor aquí

As matronas e o coidado das mulleres

Estándar

“Pode sorprender, mais o oficio de matrona é ben descoñecido. As matronas poden desenvolver moitas tarefas máis alá do seguimento do embarazo, axuda no parto e na crianza. Entre outras, impartir cursos para fortalecer o solo pelviano e previr a incontinencia urinaria; abordar a menopausa e dar charlas de educación afectivo-sexual con perspectiva de xénero; informar respecto do control da natalidade…” Estas son algunhas das moitas funcións a desempeñar por estas especialistas, aínda non valoradas nin coñecidas dabondo.

Este é o asunto que nesta ocasión aborda Lola Varela no xornal NÓS Diario do día 2 de febreiro

Podedes descargar aquí este artigo

Repensar a sexualidade no S XXI

Estándar

O sexo e a sexualidade pasaron de ser un tabú a estar presentes en todas partes. Este artigo das profesoras Chis Oliveira e Amada Traba, expertas en coeducación e en educación afectivo-sexual, aborda algunhas das cuestións clave e dos debates actuais máis importantes: os imaxinarios sexuais, a sexualidade como construción social, o control do comportamento sexual, o reto de superar os reducionismos do modelo coitocéntrico e heterosexual, a superaciónda desigualdade de xénero, o debate sobre a pornografía e o futuro da sexualidade na era de internet. A análise faise tendo en conta a deriva neoliberal actual, co seu corolario de individualismo, consumismo e narcisismo.

Este texto foi publicado en ADRA revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego Nº16 (2021)

Podedes descargar aquí o texto Repensar a sexualidade no S XXI

A continuación tedes a versión en castelá deste artigo

Podedes descargar aquí o texto Repensar la sexualidad en el S XXI

O amor non é un delito. A loita polos dereitos individuais en Marrocos

Estándar

No mes de novembro no xornal NÓS Diario Lola Varela comenta a súa preocupación pola falta de liberdades individuais para vivir o amor no país veciño, Marrocos, e, ademais, un dato curioso e interesante da responsabilidade do goberno francés durante o Protectorado no norte de Marrocos (1912-1956), por endurecer as penas por amar libremente, que chega ata os nosos días. Fronte a isto a sociedade civil organizouse no Colectivo 490 para reclamar o dereito á diversidade e ás liberdades individuais.

O amor non é un delito

                                                                               Lola Varela

Este é o lema do Colectivo 490 creado en Marrocos en 2019, tras a detención da xornalista Hajar Raissouni e do seu compañeiro, acusados de manter relacións sexuais fora do matrimonio (art. 490 do Código Penal), así como do persoal sanitario da clínica xinecolóxica á que acudía, por presunta práctica dun aborto. Tiveron que ir a xuízo e recibiron como pena 1 ano de cárcere; posteriormente, o Rei Mohamed VI concedeulles o indulto pola presión mediática xerada. Non tivo a mesma sorte unha moza marroquina de Bojador, que logo de ficar embarazada e abandonada pola súa parella, que lle prometera matrimonio, acudiu á policía e foi detida e condenada a 2 meses de cárcere polo mesmo artigo 490. Á saída do cárcere, a moza suicidouse.

As relación sexuais entre un home e una muller fora do matrimonio, están prohibidas en Marrocos e poden ser castigadas con penas de 1 mes a 1 ano de cárcere, sen ter en conta se son persoas adultas e se hai ou non consentimento. Cada ano arredor de 14000 persoas son perseguidas no país por este brutal e obsoleto artigo, que agrava aínda máis a situación da muller, xa que os embarazos non desexados, produto destas relacións, rematan en abortos clandestinos (entre 600 e 800/día), coa ameaza de ir á cadea ata 2 anos (art. 454).

O Colectivo 490 redactou o manifesto Fora da Lei, pedindo a derrogación deste artigo e doutros que atentan contra os dereitos individuais, que foi asinado por 12000 persoas nas primeiras semanas, e no que se auto-inculpaban de ter relacións extra-conxugais, de practicar ou ser cómplices de abortos ou de amar a persoas do mesmo sexo. Nel podemos ler: “…Esta cultura de mentiras e hipocrisía social xera violencia, arbitrariedades e intolerancia. Estas leis, draconianas e inaplicables, convertéronse en ferramenta de vinganza política ou persoal…Pensamos que a sociedade marroquina está madura para o cambio e para que se ratifique o respecto á intimidade e o dereito de toda persoa a dispoñer do seu corpo…”

Entre outras persoas, fan parte do Colectivo 490 Sonia Terrab, xornalista, escritora e directora de documentais como a webserie de sona Marokkiat/Mulleres marroquinas, na que, rompendo tabús, dá voz en espazos públicos a mulleres; Leïla Slimani, escritora e xornalista residente en Francia, gañadora do Premio Goncourt (2017), que vén sendo a voz do colectivo a nivel internacional; Narjis Benazzou, especialista en bioloxía médica e presidenta do colectivo na actualidade, ou Guizlane Mamouni, licenciada en Dereito pola Sorbonne e que desde o seu regreso a Marrocos dirixe un prestixioso bufete de avogad@s. Guizlane é autora dun interesante artigo publicado no Nº 135 da revista marroquina de talante liberal Zamane, no que relata como eran tratadas ao longo da historia de Marrocos as relación sexuais fora do matrimonio e como a época do Protectorado francés (1912-1956) tivo moito que ver no castigo e no endurecemento das penas.

A partir de 1912, tras o Tratado de Fez, Francia tiña o dereito e o deber de reformar a xustiza e o Código Penal no país alauita, pero non será ata 1953 cando o sultán “fantoche” Ben Arafa aprobe a nova lexislación. Antes, Ben Arafa substituíra a Mohammed ben Yussef (o futuro rei Mohammed V tras a independencia) que se negara a firmar estas reformas, como xeito de protesta contra a política colonial francesa. O novo Código, baseado no promulgado por Napoleón (1810) e moi criticado pola propia cidadanía francesa que o consideraba “un Código pesimista sobre a natureza humana”, incluía xa o artigo 490. Antes do Protectorado, a lexislación estaba nas mans das tribos ou kabilas, era consuetudinaria e consideraba só punibles aquelas relacións que se consideraba atentaban contra a sociedade ou contra o individuo, caso da prostitución, a homosexualidade e as violacións, que eran sancionadas con multas pero nunca con prisión nin castigos corporais.

Semella entón que na historia de Marrocos as relacións sexuais extra-matrimoniais entre persoas adultas e consentidas, non foron motivo de cárcere ata 1953, baixo o Protectorado. E convén lembrar que, na altura, os locais dedicados á prostitución inzaban o país para servizo dos exércitos coloniais.

Podedes ler o artigo na súa versión orixinal en NÓS Diario premendo no título O amor non é un delito

                                                                

A educación sexual, materia pendente no currículo

Estándar

Un ano máis sen educación sexual no ensino.

Mentres seguiremos a engrosar o número de vítimas de acoso sexual, de relacións non consentidas, de aprendizaxe na pornografía, de hipersexualización das nenas e adolescentes, de violacións en grupo…En definitiva de relacións non igualitarias, pouco satisfactorias e violentas, na maioría das veces. Lola Varela publicou no Diario de Pontevedra o 28/12/2022 este artigo para reclamar a necesidade urxente desta formación en todas as etapas educativas e nas familias.

Podedes ver o estudo completo do que se fala no texto realizado ao alumnado do IES A Xunqueira I (Pontevedra) no pasado ano 2021, pero presentado en maio deste ano no seguinte enlace do noso blog Estudo actual sobre sexualidade na adolescencia en Galicia

SEX_WebSerie. Un xeito de facer Educación Sexual

Estándar

En SOGASEX (Sociedade Galega de Sexoloxía) atópase unha webserie de, polo de agora, 6 vídeos sobre educación sexual para adolescentes. (Podedes ter máis información premendo no nome da Sociedade).

S.E.X. está producida pola produtora creativa “Illa Bufarda” en colaboración e co asesoramento da asociación ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria de nenas e nenos, adolescentes e as súas familias.

Está avalada por SOGASEX e apoiada pola Fundación PAIDEIA.

A webserie foi realizada entre outubro do 2019 e marzo do 2020.

Recibiu o Premio “Luisa Villalata 2019”, outorgado pola Deputación a Coruña.

Interpretados por Noelia Liñares Mayo, Ángel Calo e Iria Freire.

Para visualizar os vídeos preme nesta ligazón: Sex_WebSerie.

Cibersexo e violencia de xénero

Estándar

Hoxe é moi necesario falar co noso alumnado e nas nosas casas coas fillas e fillos desta nova forma de relación que é o Cibersexo, así como coñecer prácticas como Sexting, Sextorsión ou Sexpreading. Onde comeza a violencia e o que pode ser delito é do que tratan os dous vídeos que están a continuación, realizados grazas as axudas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Centro de información á muller CIM de Andújar (Jaén)

Neste enlace podes acceder ao vídeo https://www.youtube.com/watch?v=FTJrsghGlkQ&t=47s

Grupo de Desenvolvemento Rural GDR Salnés-Ulla-Umia

Neste enlace podes acceder ao vídeo https://www.youtube.com/watch?v=vkQA9fxGMDY

Para completar esta información pode ser moi útil e clarificadora a Escaleira cíclica da violencia de xénero elaborada pola profesora e experta en coeducación Carmen Ruíz Repullo.

Tus hijos ven porno. ¿Qué vas a hacer?

Estándar

José Luis García, educador sexual: “Prohibir el porno es un error. Lo que tenemos que hacer es capacitar a los adolescentes para que sean críticos”

Tus hijos ven porno. ¿Qué vas a hacer? Neste libro, o primeiro dunha serie de catro, o seu autor, Jose Luís García, psicólogo clínico e sexólogo, analiza o papel das familias e do profesorado para contrarrestar os modelos de sexualidade que lle chega á mocidade coa pornografía.

Os datos da fiscalía do estado confirman un aumento do 40% de delitos sexuais de menores contra menores.

En Twitter hai porno, directamente, e en Instagram e Facebook se queres, de forma indirecta tamén podes atopalo. Ademais, están plataformas como Only Fans ou semellantes onde moitas adolescentes practican prostitución encuberta.

Estamos diante dunha xeración de “nenas e nenos pornográficos” que precisan urxentemente dunha Educación sexual rigurosa, científica, igualitaria e non moralizante.

Para coñecer mellor as opinións e algúns dos datos aportados neste libro, podedes ler neste enlace unha boa e completa entrevista co autor do libro. https://www.eldiario.es/nidos/jose-luis-garcia-psicologo-educador-sexual-rasgos-adiccion-porno-son-necesitas-consumirlo-frecuencia-buscar-videos-violentos_128_7196658.html

Conversas con…Jose Manuel Viñas Leiro “Anticoncepción nas mulleres”

Estándar

Espazo para xerar coñecemento en SoGaSex a Sociedade Galega de Sexoloxía a través do diálogo,

a entrevista, o debate e a reflexión.

Anticoncepción nas mulleres

Hoxe compartimos a entrevista sobre Anticoncepción nas mulleres, realizada polas nosas socias e docentes, Lola Varela e Luisa Fernanda Arís ao especialista en Xinecoloxía e Obstetricia, Dr. Jose Manuel Viñas Leiro. Agradecemos a súa colaboración con Sogasex e esperamos que sexa de voso interese esta interesante conversa.

O control e planificación da maternidade permítenlle á muller gozar dunha vida sexual completa e placentera, e sen riscos de embarazos non desexados. Isto veu supoñer un gran adianto no desenvolvemento e conformación do feito de ser muller.

Se queredes seguir a entrevista desde a páxina de SoGaSex aquí tedes o enlace https://sogasex.es/di%25252525c3%25252525a1logos-con….html