Con respecto, sen estereotipos
Tag Archives: Vídeos
25 N- Non sexas cómplice
Un ano máis a profesora do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, Tareixa Casal, agasállanos con atractivos e interesantes materiais para abordar co alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional este doloroso e tráxico asunto da violencia contra as mulleres.
Todas e todos somos necesarios para evitar este sufrimento inxusto e ancestral.
(Nesta presentación podes premer en cada un dos números e terás vídeos acaídos sobre este tema para comentar na aula)
As mulleres e os coidados: “Eat Together/Comer xunt@s”

Este é o argumento dun pequeno vídeo de algo máis de 2 minutos, realizado en Canada no ano 2017, que chama a nosa atención pola incomunicación que provocamos entre nós co uso excesivo das novas tecnoloxías. Unha vez máis, somos as mulleres as que poñemos enriba da mesa os coidados e, nunca mellor dito, porque xuntando ao redor dunha mesa aos veciños e veciñas dunha vivenda para compartir un xantar, podemos decatarnos do illamento no que vivimos en moitas ocasións.
Mulleres maltradas pola vida e pola historia
Debemos contar a verdade e atribuirlles o valor que tiveron cada unha no seu tempo e na súa actividade. Neste pequeno vídeo, feito con humor e moi acaído para a xente moza, dásenos conta da importancia de seis mulleres, unhas máis coñecidas que outras, pero todas silenciadas dunha maneira ou doutra ao longo de séculos. Desde Cleopatra, raíña de Exippto (S I a. C.), a filósofa e científica Hipatia de Alexandría (SIV-V), a raíña Juana de Castilla, tristemente coñecida como “La loca” (S XV-XVI), Sofonisba a pintora máis famosa do Renacemento e mestra do retrato, Clara Campoamor, política e escritora que consegíu o dereito ao voto para as mulleres ou a famosa actriz Hedy Lamarr, silencida como creadora das conexiones por internet, que tivo que mudar o seu nome de nacemento, Hedwig Eva Mª Kiesler, ao vivir nos EEUU.
Podedes descargar aquí este vídeo Mujer tenías que ser
Para completar esta historia de silencios intencionados coa vida e a traxectoria de moitas mulleres, aquí tedes outro exemplo no acontecido coa fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson (1893-1983), recollido pola nosa amiga Luisa Fernanda Arís no seu blog https://mulleresehistoria.blogspot.com/2022/07/ruth-matilda-anderson.html, nunha recente entrada onde se fala da faciana desta importante muller como tradutora e divulgadora da cultura galega
“Juana la loca”, e senon estaba tan tola?
Para contribuir a mudar esa visión androcéntrica do noso pasado que nos transmitiron durante séculos, con este pequeno vídeo queremos visibilizar a unha muller maltratada inxustamente pola historia e devolverlle a súa dignidade. Como cambia o conto despois de saber como foi a súa vida!
Os perigos da pornografía na adolescencia
A documentalista e activista social contra a explotación sexual das mulleres e nenas, Mabel Lozano, ven de presentar estes días unha campaña, Chicas Nuevas/Mozas Novas, realizada para o Concello de Lalín (Pontevedra), sobre este problema, que está nas mans de todas e todos solucionar.
En apenas un minuto e medio nos advirte dos perigos da pornografía para os e as adolescentes, que a partir dos 10 anos xa comezan a ser consumidores dela.
Unha boa educación sexual por parte das familias e da escola podería axudar moito para que a mocidade poida ter unha sexualidade e unhas relacións afectivas máis sanas, igualitarias e libres
Para máis información sobre esta campaña podes premer no seguinte enlace Mabel Lozano e a violencia sexual
Unha boa e moi acertada proposta do CIM e da Oficina de Igualdade de Lalín.
Vídeos para pequenas e pequenos. Coñecendo a mulleres científicas.
Dar a coñecer científicas, técnicas, … relevantes pode axudar na achega do alumnado ás ciencias .
Temos vídeos adaptados como:
Tamén poden servir
Os ventres de aluguer : outra forma de explotación
Un pequeno vídeo ben clarificador dun negocio que aproveita as situacións de vulnerabilidade e dependencia de moitas mulleres. Coa calidade e o rigor das Towanda Rebels.
Diante dun novo 8 M
Neste 8 M que deberíamos facer máis reivindicativo que nunca polos moitos atrancos que ao Movemeto Feminista lle están a xurdir desde hai algún tempo (Covid 19, avance da ultradereita na sociedade, enfrontamentos nas feministas…), aí van uns cantos recursos moi ben elaborados ou aportados por compañeiras de todas as etapas educativas para que poidan ser empregados ao longo do curso.
Atoparedes boas e divertidas ideas para o alumnado de Infantil e Primaria, achegadas desde o CEIP Plurilíngüe de Castrillón (Cangas), e e suxestivas imaxes do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) para remover a “conciencia” e a “consciencia” do alumnado de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e, tamén, do profesorado.
TODOS OS DÍA SON 8 M.
E ademais este chamativo e impactante vídeo Be a Lady They Said – Girls. Girls. Girls. Magazine do ano 2020 pero de plena vixencia pola súa mensaxe e debate posterior que pode xerar.
E recén publicado estes días pola Asociación Socio Pedagóxica Galega AS-PG e a Central Intersindical Galega CIG temos unha boa ferramenta para aprender a comunicación inclusiva en galego e diferenciada por etapas educativas. Un necesario traballo.

EsoNoEsSexo. Campaña contra o uso de pornografía en adolescentes
É unha campaña creada pola directora de cine e escritora Mabel Lozano para a Comunidade de Murcia.
En poco máis de 1 m plantéxanse e respóndense algunhas preguntas fundamentais sobre o emprego da pornografía e as súas consecuencias.
Que é o porno?
Que necesita o porno?
Que hai detrás do porno?
Quen gana co porno?
Quen perde co porno?
Podes descargar este vídeo aquí EsoNoEsSexo