Un bo traballo da xornalista e directora de cine, Mabel Lozano, realizado para a Comunidade Autónoma de La Rioja, no que pretende chamar a atención da mocidade e facer unha campaña de sensibilización diante do consumo de prostitución inconsciente, presionado polo entorno ou a pornografía.
Trátase dun pequeno vídeo de 1´35 m moi directo e o texto está baseado nas declaracións de mulleres en contexto de prostitución atendidas por Médicos del mundo e APRAMP.
Cerca xa dun próximo 25 N pode ser moi conveniente reflexionar e analizar entre nós, como docentes e como familias con adolescentes, sobre as consecuencias negativas que está a causar o consumo masivo de pornografía entre a mocidade.
O modelo a seguir nas relacións sexuais está sendo o de promover formas violentas, machistas e polo tanto de humillación e cosificación das mulleres.
Outras formas de achegarse ao pracer sexual con empatía, igualitarias e tendo en conta os sentimentos e os afectos é posible. Diso trata este artigo das profesoras Chis Oliveira e Amada Traba, coeducadoras e expertas en Educación afectivo-sexual, publicado no Nº 230 da revista GRIAL (2021).
También podéis acceder a la versión en castellano de este artículo La influencia de los imaginarios sexuales pornográficosy descargar el archivo al final.
Descargar aquíLa influencia de los imaginarios sexuales pornográficos
Imaxes para comentar co alumnado de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.
Estamos nunha sociedade dominada polo Neoliberalismo onde todo vale, todo se pode mercar e vender e todo está ben se para min vale; ademais o individualismo ten asoballada á solidariedade e o camiño da igualdade de mulleres e homes está cheo de atrancos que deberíamos descubrir entre todas e todos.
Achego documento para comprobar como moitas das actitudes coniventes coa violencia de xénero seguen vivas na nosa sociedade. Trátase dun estudo elaborado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero a partires dunha enquisa realizada en 2012 e 2013. Neste documento poderedes recuperar conclusións moi preocupantes para traballar nas vosas actividades con alumnado de ESO e Bacharelato.
Listado de películas para coñecer mellor o papel da muller en diferentes culturas. Dúas propostas de traballo concreto sobre dúas das películas: AUGA Auga e MOOLAADÉ Moolaadé. Máis información en www.iesxunqueira1.com