A situación actual das mulleres en Marrocos

Estándar

O noso país veciño Marrocos avanza na mellora dos dereitos das mulleres pero, como pon de manifesto neste vídeo (de pouco máis de 2 m) a asociación Forum de Femmes au Rif (AFFA Rif), aínda queda moito por facer. Este é un vídeo realizado coa axuda da Agencia Andaluza de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AACID), dentro dun programa para elaborar políticas públicas contra a desigualdade de mulleres e homes no norte de Marrocos. Trátase de facilitar o acceso das mulleres ao ensino, diminuir a desigualdade laboral e a fenda de xénero nos salarios, así como previr a violencia de xénero e aumentar a presenza feminina nos postos de responsabilidade pública e de representación da cidadanía.

Os comentarios están pechados.