“Actividades físicas e deportivas para as adolescentes: Necesidade, barreiras e recomendacións”

Estándar

Este informe de María Martín, pertencente ao Grupo de Investigación Psicosocial no Deporte da Universidade Politécnica de Madrid, realizado en colaboración co Consejo COLEF y Fundación MAPFRE, amosa a realidade da población adolescente de secundaria en España.

O estudio identifica relevantes desigualdades, como a menor práctica físico-deportiva das rapazas ou as barreiras ás que se enfrentan, así como as súas diferentes necesidades e motivacións.

Concreta 9 accións estratéxicas, xunto a recomendacións para axentes clave, incluíndo un decálogo para familias, co fin de contribuir á mellora do sistema deportivo e a planificación de políticas nas que participen todas as partes interesadas.

As 9 accións estratéxicas consisten en:

  1. Campañas de fomento da práctica físicodeportiva para as adolescentes.
  2. Mellorar o compromiso das organizacións coa igualdade e a saúde das adolescentes.
  3. Políticas deportivas máis ampliias: unir forzas para impulsar un modelo de práctica saúde que conviva co deporte de competición.
  4. Espazos lúdicos, recreativos e de movilidade activa máis amigables para as adolescentes.
  5. Cambiar o paradigma dos espazos físico-deportivos.
  6. Dirección profesional que promova que disfruten e se divirtan, mellorando o seu benestar con amigas, sen primar competición, porque non é tan importante “o que se fai” (tipo de AFD) senón “como se fai”.
  7. Garantir servizos de actividade física e deporte seguros, igualitarios e inclusivos.
  8. O centro escolar como axente clave para promover estilos de vida físicamente activos e saúdables nas adolescentes. 
  9. Impulsar a prescrición de actividade e exercizo físico na revisión sanitaria dos 12 anos.

O obxectivo de mellorar as oportunidades de práctica de actividades físicas e deportivas das mozas na etapa de Educación Secundaria Obligatoria, dentro e fora dos centros escolares, é unha obriga de todas as partes interesadas.

O arquivo pódese descargar nesta ligazón AFD, o estudo en deporte e o decálogo en dez.

Os comentarios están pechados.