Tag Archives: Poesía

Poesía

Reflexionar contra o maltrato cunha canción

Estándar

1. Escoitamos a canción.

La puerta violeta_ Rozalén

Imagen relacionada
2. Reflexionamos sobre o seu contido en equipos cooperativos

3. Poñemos en común en gran grupo.

4. Debuxamos que di. Facemos un álbum coas imaxes e a letra da canción

5. Dramatizamos a canción

6. Deseñamos a “Porta violeta” e poñemos nela eslogans contra a violencia machista.

Proposta para traballar contra o maltrato: 25 de novembro

Estándar

PARA TRABALLAR CO ALUMNADO PROPOMOS ESTE TEXTO: O NOIVO DE DONA RATA.

CO TEXTO PODEMOS FACER LECTURA, DRAMATIZACIÓN, BUSCA DE NOTICIAS NO XORNAL RELACIONADAS CO ARGUMENTO, DEBUXO DA HISTORIA, BUSCA DE REMATES ALTERNATIVOS, CREAR CAMBIOS NA HISTORIA QUE LLE AXUDEN Á RATA A DETECTAR O PROBLEMA AO COMEZO, …

En loita contra o maltrato

Estándar

Para ler e Comentar na Clase:

María coñece
un neno  pequeno
que di convencido
que ten moito medo:
Di que na súa casa 
un monstro hai
que dorme na cama
en que dorme a nai.

É un monstro que berra,
fai moito barullo,
e o neno agáchase
en calquera recullo.
Unha noite María
escoitouno berrar,
chamou á Policía
que o foi apreixar.

O neno ollou todo
ollou con sixilo
e dende esa pode
durmir máis tranquilo.

images

Aparte

Para un día especial no que reinvidicamos a igualdade podería ser interesante traballar con poemas e comentalos.

Aquí van uns exemplos

<br /> <

<br /> a) Previamente podemos solicitar ao alumnado que indiquen as profesións que cren que lles gustaría a
– unhas nenas
– unha rá e unha píntega
– unha gata
– unha mona
-…
Podemos buscar profesións diferentes e falar do que hai que estudar/facer para telas,…
b) Leremos o poema e comentaremos cada caso
c) Debuxaremos o que di cada poema
d) Buscaremos alternativas en cada poema e faremos poemas paralelos

Poemas para traballar sobre profesións